O GMPP denuncia que Lara Méndez atrase os pagos a proveedores 6,5 veces máis que Orozco

O portavoz popular Jaime Castiñeira denunciou esta mañá que o Concello de Lugo volva a ser no mes de xaneiro a segunda capital española que peor paga, segundo indica o Ministerio de Facenda relativo ao Periodo Medio de Pago a Proveedores (PMP), publicado recentemente.

Na opinión de Castiñeira “un dos datos máis preocupantes, despréndese da análise da evolución do PMP dende que chegou Lara Méndez á alcaldía e que multiplicou por 6,5 a demora no pago de facturas”. O que significa en números reais que unha empresa que traballe para o Concello tarda, de media, uns cinco meses en cobrar.

O voceiro popular sinalou que lle preocupa esta evolución das estatísiticas e que hai que destacar que Lugo é a única das tres capitais que peor pagan que aínda non fixo esforzos por reducir o PMP.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com