O GMPP presenta as súas primeiras propostas para os orzamentos para 2016

O voceiro do Grupo Popular pide ao goberno local que axilice os prazos para entregar aos grupos da oposición “o borrador tanto das ordenanzas fiscais como dos orzamentos para 2016”. Jaime Castiñeira interpreta que os motivos deste retraso “é a falta de proxecto de cidade que ten o novo goberno local que non sabe o que quere facer e actúa a golpe de improvisación”.

Os populares, hoxe en rolda de prensa fixeron un avance das súas propostas aos orzamentos “que esperan sumen os maiores apoios posibles xa que estamos falando de propostas serias, responsables e cumpribres nas que priorizamos as demandas dos cidadáns”.

As propostas nas que traballa o Partido Popular divídense en 5 eixos: emprego, xestión e transparencia, servizos sociais, rehabilitación e rexeneración urbana, e zona rural.

Castiñeira detallou unha das propostas relativas ao emprego que consiste en “reservar unha partida de 6 millóns de euros anuais para a creación de novas empresas, de novos empregos e o fomento da rehabilitación. Tratase de abrir tres liñas de apoio: A primeira dotada con 2 millóns de euros anuais para a posta en marcha de empresas innovadoras ou que non compitan con outros proxectos existentes no seu entorno”.

A segunda liña de axudas de 2 millóns de euros anuais para a contratación de traballadores censados no Concello de Lugo e para o fomento da estabilidade laboral e a terceira liña de 2 millóns de euros anuais para a rehabilitación de vivendas da cidade e das parroquias, con especial atención ao entorno do Camiño Primitivo e a Muralla.

O voceiro do Grupo Municipal do PP lembrou que “o seu grupo o pasado 30 de setembro presentou unha batería de máis dunha vintena de propostas de modificación das ordenanzas entre as que destaca a rebaixa no IBI, eliminar plusvalía municipal e a eliminación da ORA”. Jaime Castiñeira afirma que a actualización das ordenanzas fiscais “é clave porque permite calcular os ingresos do concello e son necesarias para confeccionar os orzamentos de 2016”.

Os populares afirman que “o normal sería que a aprobación inicial das ordenanzas fiscais se realice no vindeiro pleno polo que os grupos da oposición deberiamos ter xa a proposta do goberno para poder analizala con detalle”. Castiñeira afirmou que “nin tan sequera cando ven que se achega a data límite e se botan os prazos enriba os socialistas reaccionan. Vai sendo hora de que nos ensinen o seu proxecto de ordenanzas”, concluíu o voceiros dos populares.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com