" />

O Goberno ampliará o Estado, outros 15 días, ata o Domingo da Semana Santa

O Presidente do Goberno, ven de informar aos presidentes autonómicos que vai solicitar ao Congreso unha prórroga  do Estado de Alarma doutros quince días, co cal a prohibición de saír á rúa chegará ata o Domingo de Resurrección. Deste xeito, o goberno asegúrase que os cidadáns permaneceran nas súas casas as vacacións de Semana Santa e así contribuir a que o andazo non se estenda por toda a península.
Esta ampliación xa se daba por descontada dende o inicio do Estado de Alarma, xa que de nada tería servido ter quince días confinada a poboación e, sen estar controlada a pandemia, deixar que en Semana Santa, cando se producen unha media de trinta millóns de desprazamentos, se dera vía libre para que o Covi-19 se volverá incontrolable.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo