A Deputación achega 100.000 euros para que Lugo acolla os XII Xogos do Eixo Atlántico

O voceiro do Goberno da Deputación de Lugo, Álvaro Santos Ramos, explicou que o  executivo aprobou hoxe en Xunta de Goberno o inicio da contratación para a organización e desenvolvemento dos XII Xogos do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, que terán lugar entre os días 2 e 7 de xullo nos Concellos de Lugo, Sarria e Monforte de Lemos.

Santos Ramos explicou que desde a Deputación “achegamos 100.000 euros para financiar un evento deportivo único en Europa, que contará cunha participación media de entre 1.500 e 2.000 deportistas por edición, todos eles menores de 16 anos”. Cómpre subliñar que segundo as previsións do propio Eixo Atlántico, a provincia acollerá a máis de 5.000 persoas, entre organizadores e participantes, nas tres localidades.

Trátase pois dunha oportunidade de promover o turismo, a  gastronomía e a cultura da provincia luguesa. De feito, paralelamente á competición, programáranse actividades culturais e turísticas dirixidas aos deportistas e acompañantes. 

As empresas interesadas nesta adxudicación deberán presentar a partires da vindeira semana, os anexos correspondentes no rexistro da Deputación ou nos das dependencias administrativas que recolle o artigo 38.4 da lei 30/1992. O prazo vence aos 15 días dende a publicación no BOP.

Os XII Xogos do Eixo Atlántico, organizados conxuntamente polos concellos de Lugo, Monforte, Sarria e a Deputación de Lugo, darán comezo o día 4 de xullo cun acto de inauguración polas rúas de Lugo, tendo como protagonista a Muralla, Patrimonio da Humanidade, e rematarán o día 9, cun acto de clausura na contorna natural do municipio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com