" />

O Goberno da Deputación solicita un informe interno polo cesamento de información sobre os deputados na súa web

Nun comunicado emitido hoxe polo Goberno Provincial de Lugo infórmase en relación coa publicación na web institucional das declaracións presentadas polos/as deputados/as provinciais en cumprimento do artigo 74.7 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladoras das bases de réxime local o seguinte:

A Deputación de Lugo fixo efectiva a publicación dos datos patrimoniais dos novos deputados provinciais tras a toma de posesión da nova corporación

Tendo constancia efectiva desta publicación remitiuse á Xefa de Servizo de Comunicación e das TICs un escrito no que dende o Goberno da Deputación se lle require un informe no que dea conta das circunstancias que motivaron o cesamento desta publicación.

Do mesmo xeito, dende a Deputación de Lugo laméntase que por parte desta funcionaria se lle dea información antes á oposición que ao equipo de goberno, e como responsable do mantemento da web non se nos comunicase esta circunstancia.

Poren  o Goberno Provincial lembra que a declaracións de bens e intereses dos deputados atópase en rexistro público e está a disposición de quen o desexe consultar na Secretaría Xeral da Deputación .

Resposta do PSOE

A resposta dos socialistas a este comunicado non se fixo agardar, declarando o deputado Santos Ramos que “os socialistas non van permitir que Candia e o seus compañeiros do PP continúen calumniando aos traballadores da Deputación para agochar a súa ineficacia, incapacidade e claro incumprimento da lexislación vixente. Hai que ser moi ruín e déspota para facer isto”

O PSOE tamén denunciou ante o Valedor do Pobo que Candia tampouco publicou o patrimonio dos Deputación no BOP, tal e como o dita o Regulamento Orgánico da Deputación, disto pregúntanse os socialistas “¿a que funcionario vai culpar Candia para agochar o seu descoñecemento sobre o documento oficial que rexe o funcionamento da institución?, ¿Tamén vai a dicir que son os funcionarios os que deciden que se publica no BOP?

O comunicado tamén subliña, “se Candia e os seus compañeiros do PP non o fixeron, non o permitiron facer ou non deron esa orden, será porque teñen algo que agochar ou ben porque descoñecen as responsabilidades e funcionamento da institución, así como da Lei de Transparencia.

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo