" />

O goberno local executará 28 das propostas da cidadanía a través dos Orzamentos Participativos

A edil titular da área de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, presentou hoxe os resultados do proceso dos Orzamentos Participativos, que activou este ano o Goberno de Lugo coa finalidade de vincular activamente á cidadanía no desenvolvemento do municipio. En total, o Concello executará 28 propostas aportadas e escollidas polos veciños e veciñas, cunha inversión de 350.000 euros.

Tal e como detallou a Concelleira, no conxunto do proceso presentáronse 237 propostas de investimento, das que 107 foron viables, tras a análise dun equipo técnico municipal. Das 130 non viables, 46 son propostas que xa se están executando dentro doutros programas do Concello “o que indica que estamos traballo de acordo á cidadanía” subliñou a edil. Outras 26, a súa execución non era competencia do Concello e 27 sobrepasaban o orzamento de 15.000 euros, que se marcaba como máximo por proposta. Do resto, 20 non eran tecnicamente legais e 6 non se correspondían a gasto, senón a subvención.

A aplicación posta en marcha para os Orzamentos Participativos, e que sustentou todo o proxecto https://loop.lugo.gal/ recibiu máis de 6.100 visitas, e involucráronse na votación máis de 600 persoas. Á vista dos resultados,  a concelleira fixo unha valoración moi positiva deste proceso de participación cidadá e democracia directa, que promoveu que a veciñanza pasara de observadora a protagonista activa do que ocorre en Lugo, co obxecto de mellorar entre todos o municipio.

Os ámbitos temáticos que abarcaban as iniciativas presentadas foron moi diversos, dirixíndose, principalmente, as propostas gañadoras aos eidos de emprendemento, servizos sociais e deporte. Tamén destacan as relacionadas co Mercado e ca Praza de Abastos e outras apostando por un espazo público máis amable.

As propostas máis votadas

  1. Arranxo do valado do CEIP Luis Pimentel
  2. Parque biosaudable no Barrio da Piringalla
  3. Proxecto EMPODERATE NENA!!
  4. Iluminación Parque Angelo Colocci-Gallego Tato
  5. Estudo do Plan de Accións para o Apoio da Transformación de ‘A Tinería’
  6. Letras de benvida á cidade
  7. Arranxo de zona de aparcadoiro do Cei Nodus
  8. Future Jobs Tools
  9. Campaña ‘Emprender cara a educación do futuro’
  10. II Feira Nenos Emprendedores CEI-NODUS
  11. Píldoras de Coñecemento para Emprendedores
  12. GROWTH HACKING APRENDER A CRECER
  13. CHATBOT LEARNING
  14. Restauración da fonte pública na parroquia de Esperante, no núcelo de Carballido
  15. LVCVS RAID. EMPRENDE O CAMIÑO
  16. PROGRAMA 3 C. CAPITAL CREATIVO COMPETITIVO
  17. Remodelación da Pista Roxa
  18. Eliminación de barreiras arquitectónicas
  19. Poyetes de competición para piscina municipal de Frigsa
  20. DANDO VIDA O BARRIO CON COR
  21. Instalación dun valado no lado da Praza do Castiñeiro e a rúa Lamas de Prado
  22. Equipo para personas con discapacidade
  23. Acondicionamento da entrada do Camiño Primitivo á cidade
  24. Corcheras de competición para piscina municipal de Frigsa
  25. Pista multideporte en prazas
  26. Ludoteca na Plaza de Abastos
  27. Decoración para as rúas no Arde Lucus
  28. Arranxo-sustitución do tellado da nave de Frigsa que empregan as asociacións do Arde Lucus

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo