O Goberno Municipal aclara os datos sobre a denuncia do PP sobre a morosidade no Concello

A concelleira de Gobernanza, Paula Alvarellos, ven de realizar unhas declaracións dando conta dos “datos reais de morosidade do Concello de Lugo, fronte á información intencionadamente terxiversada” que denunciou, a este respecto, o Grupo Municipal do Partido Popular.
Segundo a concelleira esta é “Unha táctica á que o PP acode unha vez máis, á manipulación interesada, para cuestionar a xestión deste goberno e, sen embargo, cae na insensatez de poñer en tela de xuízo non só o traballo do persoal municipal senón tamén a boa imaxe do Concello e a súa solvencia”.
A responsable da área económica entende que non se pode cualificar doutro xeito o feito de que “se atribúan o descubrimento de facturas agochadas por este executivo cando foi a propia tesoureira municipal a que lles deu traslado, a través do correo electrónico, dun erro involuntario na transcrición dos datos de facturación”. Alvarellos continuou,“nós non agochamos nada, ao contrario. Pero vostedes si, tratando de tapar ademais a súa máis absoluta ignorancia porque todas as facturas que chegan ao Concello o fan a través dun rexistro público telemático que provén do Ministerio de Facenda e sobre o que non se pode intervir de ningunha das maneiras”.
“É que, ademais, non din que se trata dunha aclaración pública, nin tampouco din que deses 10 millóns que recolle o informe de morosidade, 6’8 estaban en período de pago nin tampouco que este sexa o dato que arroxaba o saldo contable municipal a 30 de
setembro”.
Así, Paula Alvarellos informou de que “a día de hoxe, 3 de decembro, o Concello de Lugo ten 7’8 millóns de euros pendentes de pagamento, dos que 6’1 millóns € están en prazo; é máis, dentro dos 30 días e non dos 60 que dá de marxe a lei. Pero é que, dos 1’7 millóns € que están fóra de prazo, 1’6 millóns € son pagos a grandes proveedores como poden ser as concesionarias dos servizos municipais que, nalgúns casos, cunha soa factura se alcanzan os 600.000 euros”, sinalou.

A

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com