" />

O goberno provincial lidera unha iniciativa para evitar o embargo da vivenda habitual

O equipo de goberno da Deputación de Lugo lidera unha iniciativa plenaria, que se debaterá na sesión do próximo martes, a través da que propoñen facilitades á hora de cobrar os tributos municipais, cuxa xestión se delegou na administración provincial, e, entre elas, atópase a de evitar o embargo das vivendas habituais.

A presidenta da Deputación, Elena Candia, explica que esta proposta do equipo de goberno para a modificación da Ordenanza Xeral de Xestión e Recadación dos Ingresos de dereito público municipal, e que se promoverá en consenso cos concellos, “beneficiará ás persoas en risco de exclusión social”.

Unha das modificacións proposta polo equipo de goberno a traveso desta iniciativa plenaria, “permite que, unha vez comprobado que non existen outros bens ou medios de pago da débeda tributaria no procedemento de recadación administrativa, non se proceda a execución do embargo da vivenda habitual como último recurso na recadación”, sinalou a presidenta da Deputación.

A maiores, o equipo de goberno tamén promove con esta iniciativa unha ampliación dos prazos de pago e do límite ata o cal os obrigados tributarios están exentos de achegar garantías nas solicitudes de aprazamento ou fraccionamento do pago. Elena Candia afirmou que “se tratan de dúas medidas sociais que afectan directamente aos veciños da provincia de Lugo, e que se enmarcan dentro da dirección de traballo encamiñada polo novo goberno provincial, dende que tomamos posesión”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo