O Gran Xogo das Letras Galegas, na Biblioteca do Saviñao

A Biblioteca Municipal do Saviñao, celebrará, o vindeiro mércores, día 15, unha actividade de homenaxe ao autor conmemorado este ano polo día das Letras Galegas, Antón Fraguas. A actividade programada pola biblioteca consistirá nun gran xogo por equipos e irá destinado a todo o alumnado de 2º a 4º da ESO.
Grazas a este Gran xogo das Letras Galegas, a cargo da empresa Eduvía (Vías para a Educación),os participantes coñecerán algo máis sobre a orixe e significación do Día das Letras Galegas, e os autores e autoras homenaxeados ata o momento, ao tempo que descubrirán interesantes datos sobre a vida e obra de Antón Fraguas homenaxeado deste ano e a súa relación co Saviñao.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo