O Grupo Común da Esquerda esixe a paralización cautelar das obras na Serra do Oribio

O deputado do Grupo Común da Esquerda Antón Sánchez presentou na tarde de onte no Parlamento unha Proposición Non de Lei na que se esixe a paralización cautelar das obras do Parque Eólico na Serra do Oribio e a revisión do expediente das mesmas.

“O Parque Eólico do Oribio é un exemplo perfecto do xeito corrupto de entender o labor público, xa que suporía a instalación de oito aeroxeradores en rede natura, cando a Lei 8/2009 de Aproveitamento Eólico de Galicia di que non se poden implantar eólicos en rede natura”, lembrou Sánchez. “Gozar dos favores do Partido Popular facilita moito as cousas”, engadiu.

O parlamentario do Grupo Común da Esquerda tamén criticou a “tramitación administrativa escandalosa” realizada a través dunha resolución “emitida polo goberno de Fraga en funcións, tras ter perdido xa as eleccións”.

Antón Sánchez tamén criticou o “impacto paisaxístico, ambiental e patrimonial que a Xunta está disposta a acometer nun espazo natural protexido con tal de compracer os ‘fondos voitre’, as empresas e os bancos que gozan dos favores do Partido Popular”. O deputado lembrou tamén que o Parque Eólico no Oribio suporía “converter o que debería ser un motor para a economía rural nun negocio para uns cantos privilexiados que expolian recursos que son de todos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo