O grupo provincial do PP conclúe en Vilalba as reunións para explicar o traballol no Plan Único da Deputación

A dirección provincial do Partido Popular concluíu hoxe, en Vilalba, a quenda de reunións con voceiros e alcaldes desta formación política para dar conta das negociacións levadas a cabo co Goberno da Deputación para que ningún Concello da provincia quedase excluído no Plan Único. Concretamente, a presidenta e o secretario xeral, Elena Candia e Carlos Armesto, respectivamente, mantiveron a última hora desta tarde un encontro cos representantes de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade. En total, 9 entidades locais que recibirán ao abeiro desta iniciativa máis de 3 millóns de euros, e que terán unha repercusión directa nos 41.290 veciños que residen nestes municipios, pois trátase dun importante investimento que está destinado á execución de obras, á creación de emprego, á mellora e mantemento dos servizos sociais, e ao impulso das actividades culturais, deportivas e turísticas destas localidades.

“Concluímos así, indicou Candia, as reunións para trasladar o traballo do Grupo provincial para que a Deputación poida poñer en marcha este Plan. Foi un traballo duro, pero é unha satisfacción poder estar hoxe aquí para trasladarvos a vós, e aos vosos veciños, que, coas nosas negociacións, pronto se poderán executar obras que son necesarias nos vosos lugares, crear novos postos de traballo ou atender mellor aos maiores destes municipios. Cremos, en definitiva, que para iso estamos, para facer unha oposición útil e construtiva, e este Plan é unha boa mostra délo”, precisou a responsable do Partido Popular.

Co esta sétima reunión remataron as xuntanzas que a dirección dos populares veu realizando con cargos e militantes dos 67 concellos do PP, na que se desagregaron as cantidades que recibe cada unha das entidades locais da provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com