O Grupo Provincial Socialista comunica a Martínez a súa suspensión temporal

O grupo Provincial Socialista comunicou hoxe ao alcalde de Becerreá e deputado provincial, Manuel Martínez, a súa suspensión temporal como membro do grupo provincial, ao tempo que comeza o trámite para expulsalo. Segundo esta información, Martínez, deixa de ser representante do Partido Socialista en calquera ámbito que teña que ver coa Deputación.

Martínez, que dixo que aínda non recibira a comunicación, terá dez días dende que a reciba, para presentar as alegacións que considere convenientes. En todo caso, será na sede do Partido Socialista en Ferraz, onde se tome a decisión de expulsar ou non ao alcalde de Becerreá.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com