O helicóptero Pesca-II evacúa a un tripulante ferido dun veleiro en Burela

Un tripulante dun veleiro tivo que ser evacuado de urxencia na tarde deste martes en Burela tras sufrir un golpe na cabeza que o deixou en estado de coma.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o suceso ocorreu sobre as 16:45 horas, cando Salvamento Marítimo informou da necesidade de rescatar e trasladar á vítima. Da situación tamén tiveron coñecemento o Servizo de Gardacostas de Galicia, a Garda Civil e o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Debido á gravidade do estado do ferido e á dificultade do operativo, un dos efectivos tivo que lanzarse á auga e acceder ao veleiro para poder izar á vítima a bordo do helicóptero Pesca-II, que o trasladou de maneira inmediata ao Hospital Público da Mariña.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com