Intervención do Concello propón medidas sancionadoras a políticos e funcionarios polo descontrol na contabilidade, subvencións ou persoal

A edil popular Mar Carballas desvelou que en 2023 se fixeron “111  modificacións orzamentarias o que apuntala o que o Partido Popular vén denunciando sobre os orzamentos irreais e improvisados do goberno local xa que hai un desfase entre o que se presuposta e no que finalmente se gasta”.

A mala xestión do goberno local témola nos recoñecementos extraxudiciais de crédito. No Concello de Lugo  disparouse en 2023 o importe destas operacións sumando os 7.6M€ unha cifra que case cuadriplica ao exercicio anterior que foi de 2.1 € polo que “deixa claro que a administración local utiliza unha ferramenta que debería ser residual de forma habitual”, destacaba Carballas.

A edil tamén explica que un mecanismo que debería ser excepcional,”estase a converter en algo habitual  como os contratos menores. No informe de intervención alertase das debilidades, deficiencias ou incumprimentos, indicando que hai unha excesiva utilización do contrato menor sen tramitación de procedementos de contratación que garantan o fomento dos principios de concorrencia competitiva, igualdade e non discriminación”

Tamén poñen no punto de mira as contratacións vinculadas ao San Froilán e o Arde Lucus  advertindo que se “detecta a ausencia de publicación, se desoe a recomendación de ter como mínimo 3 ofertas para garantir o principio de transparencia e a redución da discrecionalidade por parte dos responsables do contrato”.

Outro aspecto que transcende deste documento é o fraccionamento do obxecto dos contratos. A popular mencionaba os vinculados ás reformas de Parques e Xardíns xa que “en vez de adxudicalos, para un ou dous espazos, se se houbera planificado e tramitado nun único contrato de maneira global se houbera evitado o seu fraccionamento”.

A popular concluía que “resulta vergoñento e triste que nos últimos anos, no concello de Lugo cada vez haxa máis opacidade e se abuse de fórmulas administrativas que deberíanunicamente usarse para imprevistos”.

Outro aspecto no que se fai fincapé no informe de intervención ten que ver cos servizos operados por empresas con contrato caducado  co Concello. No informe subliñase “os expedientes de prórroga dos contratos se deben iniciar con antelación, para que los técnicos puedan emitir sus informes antes de que termine el contrato”. A popular reflexionaba que de nada valen os reparos de legalidade da intervención municipal que se repiten mes tras mes.

Intervención tamén recomenda controlar as subvencións de concesión directa limitándoas ás que demostren a singularidade da actividade e que en 2023 sumaron os 953.400 €, no propio informe se constata “a necesidade de deixar clara a obriga da entidade subvencionada de levar a cabo o proxecto ou actividade que se subvenciona, xa que en moitos casos da a entender que o Concello é o titular e promotor da actividade e a entidade subvencionada a colaboradora.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com