O II Revival de Vilalba reunirá esta fin de semana milleiros de afeccionados ao motociclismo

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, presentou este mércores a segunda edición do Revival de Vilalba que se celebrará os vindeiros días 16, 17 e 18 no polígono industrial As Sete Pontes de dito Concello e que reunirá a 120 pilotos e preto de 20.000 afeccionados ao motociclismo. O organismo provincial colabora na organización deste evento cunha achega económica de 30.000 euros.

A programación dará comezo o venres, ás 15.00 horas, coa chegada progresiva dos numerosos pilotos e a verificación técnica das motos. Entre estes pilotos atópanse lendas vivas das Road Races como o propio Dave Madsen Mydgal, con 117 participacións no TT Illa de Man; Antonio Maeso, con 11 réplicas do TT da Illa de Man; Raúl Torras, réplica de plata no finalizado MGP; Min Grau, Carlos Cardus, Gernando de Nicolás, ou Charly de San Antonino.

Na presentación do II Revival de Vilalba tamén participaron Francisco Montes, presidente do Club TT Supporters Spain; Dave Madsen Mydgal, presidente da Asociación Mundial de Riders, e Pablo Barrón, xornalista especializado no mundo do motor. Vidal Baamonde sinalou que “Vilalba converterase esta fin de semana na capital mundial do motociclismo cunha exhibición de motos clásicas das coñecidas como Road Races ou carreiras en estrada aberta. Este evento permitirá que miles de afeccionados se acheguen á localidade vilalbesa a desfrutar da riqueza gastronómica e paisaxística da zona, e impulsando deste xeito o turismo local, xa que os hostais e restaurantes veranse directamente beneficiados pola magnitude da cita”, engadiu o Deputado.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com