O informe favorable de Medio Ambiente permite seguir cos trámites para a construción do punto limpo da Fonsagrada

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta, ven de emitir o informe de impacto ambiental do proxecto do punto limpo da Fonsagrada, trámite que permite ao concello, promotor desta instalación, continuar coa tramitación relativa e necesaria deste proxecto.

Na Resolución conclúese que non é necesario someter o proxecto a avaliación de impacto ambiental ordinaria, xa que non se prevén efectos significativos sobre o medio ambiente; polo que o promotor pode continuar coa obtencións das autorizacións, licencias, permisos ou informes necesarios para a súa execución.

O obxectivo do proxecto é acondicionar unha parcela na que se instalará un punto de recollida e almacenaxe de residuos domésticos e a construción dunha nave‐almacén para aparatos eléctricos e electrónicos, a regula – rización da explanación en dúas alturas para contedores e acceso rodado para o deposito de inertes, instalar un peche perimetral, así como o acondicionamento dos accesos dende a estrada lindeira e a colocación da sinalización correspondente.

Asemade, na resolución indícase a necesidade de aplicar medidas protectoras, correctoras e de vixilancia ambiental, como por exemplo non acumular materiais ou residuos e lugares onde sexan susceptibles de ser arrastrados, a almacenaxe temporal de material realizaranse en lugares habilitados. Tamén se sinala que queda prohibida a queima de residuos ou calquera outro tipo de material durante as fases de construción e explotación e os residuos xerados durante a fase de construción serán xestionados conforme á lexislación vixente en materia de residuos e de conformidade co principio de xerarquía na xestión de residuos.

Outra das recomendación céntranse nas medidas para a integración paisaxística e restauración, polo que se traslada a necesidade de deseñar un tratamento axeitado dos noiros e, co fin de favorecer a continuidade paisaxística, a plantación den matogueira e plantas autóctonas; así como a procura dun acabado homoxéneo en tipoloxías, materiais e cores, sobre todo no referente aos portóns de acceso ao recinto, cubertas da nave e paredes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com