O Ingreso Mínimo Vital chega a preto de 6.000 fogares da provincia

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguezsinalou hoxe o impacto positivo do Ingreso Mínimo Vital (IMV) na protección económica dos lucenses, unha iniciativa social pioneira do Goberno de España que, desde a súa aprobación hai cinco anos, chegou na provincia a 5.996 fogares.

Isabel Rodríguez apuntou que o importe acumulado da prestación en Lugo é de 90.061.567,36 euros, cunha contía media mensual para as persoas beneficiarias de 515,50 euros e concretou nesta liña que actualmente perciben esta prestación un total de 16.707 persoas, das que 9.212 son mulleres (55,14%) e 7.494 homes (44,86%).

Rodríguez subliñou a importancia desta ferramenta clave no escudo social impulsado polo Goberno para reducir as desigualdades sociais e baixar as taxas de pobreza.. “Esta prestación é esencial para seguir reducindo a pobreza estrutural e atender especialmente as necesidades das familias con menores”. Subliñou.

A subdelegada incidiu no compromiso responsable do Goberno de España na implantación do Ingreso Mínimo Vital para avanzar no obxectivo irrenunciable de alcanzar novas conquistas de xustiza social.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com