" />

Unha condutora queda sen frenos e choca contra a fachada dun edificio

Os feitos tiveron lugar durante a mañá de onte cando os axentes da Unidade de Atestados acudiron á rúa Germán Alonso, onde se produciu unha saída de vía. Unha vez no lugar, os policías comprobaron que se trataba dunha condutora que, ao circular en sentido descendente pola vía citada, tras observar que o bus urbano atopábase detido diante dela e que ao seu vehículo non lle funcionaba o freo e despois de comprobar que non había ningún peón sobre a beirarrúa, decidiu realizar unha manobra evasiva cara á esquerda, subindo sobre a beirarrúa e chocando contra o mastro dun semáforo e, posteriormente, contra a fachada do edificio, resultando danos no turismo, no semáforo e na fachada do inmoble.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo