" />

O Inicia Coworking abre as inscricións para a súa cuarta e última edición

Inicia Coworking de Lugo, impulsado polo Concello e a Escola de Organización Industrial (EOI) no CEI-NODUS e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, xa ten aberta a inscrición para a cuarta e última edición desta iniciativa, na que se ofrece, de xeito individualizado e totalmente gratuíto, formación e acompañamento para a posta en marcha ou consolidación de novos proxectos de caracter emprendedor e inovador.

Unhas 22 persoas poderán incorporarse a esta última edición do programa que acadou gran éxito nas tres edicións anteriores, posto que o 70% dos 58 emprendedores e emprendedoras que xa participaron no Inicia Coworking teñen a día de hoxe o seu negocio en marcha e facturando. Ademais, máis da metade destas empresas foron impulsadas por mulleres.

As persoas interesadas en sumarse poden facelo, ata o 15 de decmebro, a través da páxina web municipal,  www.lugo.gal , ou no enlace https://www.eoi.es/es/espacios- coworking/lugo-4a-edicion/admision, onde se pode atopar máis información sobre esta iniciativa. Esta fase desenvolverase entre xaneiro e xuño do vindeiro ano no CEI-
NODUS.

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, encargada de dar a coñecer a nova apertura de prazo, xunto á mentora deste programa, Úrsula Pérez, fixo énfase na contribución que fai este plan ao tecido empresarial lucense, axudando á creación de emprego.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo