" />

O InLugo impartirá cursos gratuítos de novas tecnoloxías a maiores da provincia

O Presidente da Fundación TIC e da Deputación, Darío Campos, presentou este luns o programa de actividades do InLugo para o primeiro trimestre de 2017, que inclúe 32 cursos e obradoiros gratuítos para maiores da provincia sobre o uso das novas tecnoloxías. Suman un total de 555 prazas, das que 330 necesitan inscrición, mentres que as outras 225 son de libre acceso. Os interesados xa poden inscribirse a través de www.fundaciontic.org e www.deputacionlugo.gal ou chamando ao teléfono 982 225 186.

O máximo responsable provincial, que estivo acompañado pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, dixo que “este ano ampliaremos o número de actividades, atendendo así a alta demanda por parte dos usuarios. De feito, en 2016 as solicitudes case triplicaron o número de prazas convocadas nos cursos con inscrición”.

Campos Conde destacou “a labor social que está a desenvolver a TIC da Deputación, a través do InLugo, que o ano pasado tivo uns 1.500 usuarios, sumando todas actividades, como o NutreTIC ou Memoria Dixital, polo que o Goberno provincial seguirá apostado por achegar as novas tecnoloxías aos maiores da nosa provincia como unha ferramenta moi útil para mellorar a súa calidade de vida”.

Os outros 9 obradoiros serán de asistencia libre, cun máximo de 225 prazas en total, 25 por actividade. “Neste caso están dirixidos especialmente a usuarios que xa asistiron a algún curso. O obxectivo é, por unha banda, que repasen o aprendido e, por outra, dar cabida nos cursos con inscrición a novos usuarios que nunca participaron nas actividades do InLugo”, apuntou o Presidente da TIC.

Novidades neste trimestre

Unha das principais novidades deste trimestre é a Semana Tecnolóxica, que se desenvolverá do 27 ao 30 de marzo en horario de mañá e tarde. Campos anunciou que “un dos obxectivos desta Semana é axudar aos usuarios do InLugo que necesiten repasar contidos. Pero tamén se realizarán actividades máis avanzadas e específicas, como buscar e descargar aplicacións relacionadas coa saúde, antivirus para ordenador ou móbil ou buscas avanzadas en internet”. Poderán apuntarse un total de 50 persoas, 25 en cada quenda.

Ademais, en 2017 ampliaranse os obradoiros para repetidores aos luns pola tarde. Serán de asistencia libre, polo que non é necesaria a inscrición previa. Campos dixo que “atendemos así a petición do usuarios, que tamén nos tiñan solicitado o nivel dous de tablet, que se impartirá por primeira vez”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo