O INSS chega a acordos con concellos, entre eles o de Lugo, para axilizar a tramitación do IMV

O INSS chegou acordos con concellos, entre eles o de Lugo, co obxectivo de reducir os trámites de solicitude do Ingreso Mínimo Vital. Estes consistorios achegarán directamente a información referida ao padrón municipal necesaria para tramitar o IMV, o que axilizará gran parte de proceso e evitará desprazamentos dos solicitantes.

Asemade a Seguridade Social ven de poñer en marcha un protocolo de intercambio de información coas comunidades autónomas para o traspaso de datos das solicitudes resoltas do Ingreso Mínimo Vital ( IMV).

Este sistema xa está en funcionamento de forma satisfactoria desde o pasado 21 de xullo. Con periodicidade semanal, as comunidades autónomas reciben de forma actualizada por parte do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) as resolucións aos expedientes novos do Ingreso Mínimo Vital. Ademais, as comunidades autónomas teñen acceso aos datos sobre os procesos de reconversión de oficio de beneficiarios de Prestacións Familiares, recoñecidos como perceptores do Ingreso Mínimo Vital.

Con este protocolo, facilítase a adaptación das rendas das comunidades autónomas ao Ingreso Mínimo Vital, podendo decidir como modulan as prestacións previamente existentes. Hai que ter en conta que o IMV configúrase como unha prestación ‘solo’ e compatible coas prestacións autonómicas. Cada comunidade, por tanto, pode modificar o modelo da súa prestación como considere oportuno. En pouco máis dun mes, o INSS recibiu preto de 600.000 solicitudes do IMV. A maioría realizáronse por vía telemática. Co novo protocolo, o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións dá un paso máis no seu obxectivo de facilitar a xestión e a coordinación cos gobernos rexionais.

Actualmente hai 300.000 fogares que reciben rendas de inserción autonómicas e parte delas (as que cumpran os requisitos do IMV) poderán encadrarse neste programa estatal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com