" />

O lume nun garaxe calcina varios vehículos na rúa Rei Don García

Ao fío das 9 da noite de onte os veciños da rúa Rei Don García e, en xeral, os do barrio de San Roque, leváronse un gran susto. O lume nun garaxe expandíase con velocidade calcinando os vehículos e obrigando a veciños de dous bloques a desaloxar a súa vivenda.

Malia que non houbo danos persoais, parte da noite os veciños, entre os que había nenos, persoas con diversidade funcional e anciáns, tiveron que baixar co posto ver como os efectivos do Corpo de Bombeiros e da Policía Local facía o seu traballo.

O lume afectou, ademáis, a unhas naves anexas ao garaxe que se utilizan como almacén. Segundo informan fontes municipais o lume puido ter comezado, precisamente, nunha desas naves nas que tamén se estacionan vehículos e, incluso, unha caravana.

A última hora do día de onte os Bombeiros daban por controlado o lume pero durante toda a noite permaneceron arrefriando as estructuras dada a importante carga térmica que contiñan.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo