O luns comeza a inscrición para os cursos de motor de navegación e autorrescate 4×4

A área de Xuventude abre este luns as inscricións para dúas actividades do motor, no marco da programación do +Xti, financiada polo Plan Nacional de Drogas. Trátase de 2 alternativas de balde: navegación 4×4 e autorrescate 4×4. As persoas destinatarias son mozos e mozas de 16 a 40 anos, empadroados en Lugo.
As inscricións faranse ata o 10 de setembro a través do enderezo electrónico maisporti2020@lugo.gal, incluíndo no título do correo o número do curso, e no texto do mail: nome e apelidos, DNI/NIE, enderezo, teléfono e data de nacemento. Non se admiten inscricións antes da data indicada. No momento da inscrición, tamén no corpo do mail, débese indicar o grupo no que inscribirse, en función das datas e horarios.

No que se refire ao curso de Navegación 4×4, terá unha parte teórica e outra práctica onde a persoa participante recibirá as nocións para desenvolver a condución 4×4 e nocións de navegación con rodamentos e coordenadas UTM, así como os rutómetros empregados neste tipo de probas. A parte práctica consistirá nunha ruta de navegación off road onde, en grupos e en vehículos 4×4, completarán un percorrido durante 4 horas, validando os puntos de interese.

En canto ao de Autorrescate 4×4, o obxectivo é que os participantes coñezan e practiquen as técnicas de rescate e auto-rescate de vehículos cun todoterreo, con seguridade e eficacia. O curso é inminente práctico, de xeito que con vehículos 4×4 xeraranse diferentes situacións de rescate reais, en distintas áreas 4×4. Así, completaranse dúas rutas con situacións diferentes, completando 8 horas de adestramento en dúas rutas diferentes, unha pola mañá e outra pola tarde.

Curso CAP
Xuventude tamén inicia o luns o curso homologado de CAP, permiso C e mercancías perigosas, tamén a través do +Xti, O curso, que recibiu unhas 200 solicitudes, terá lugar ata o 30 de outubro en xornada de tarde, no Centro de Formación do Transporte de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com