O Mes da Maxia, chega á Mariña para diversificar a súa oferta turística

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación do oitava edición do Mes da Maxia na Mariña lucense, que se celebrará durante as fins de semana entre o 25 de outubro e o 30 de novembro -a excepción da ponte do 1 ao 3 de novembro-.

No acto participaron o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; Alfredo Llano, presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña lucense; Tania Hermida, axente de desenvolvemento turístico da Mancomunidade; Antonio Graña, director do Parador de Turismo de Ribadeo; Lucas Requejo, delegado da Fundación Ecotur -organizadora do programa-, e os magos Teto e Rafa, dous dos artistas que actúan nesta iniciativa.

Os participantes coincidiron en sinalar que este é un evento único en canto ao formato, que contribúe a diversificar, descentralizar e desestacionalizar a oferta turística da Mariña, ao tratarse dunha proposta conxunta que percorre os concellos mariñáns nun mes de tempada baixa.

O evento conxuga maxia e gastronomía. Os establecementos participantes ofrecen menús con produtos galegos de tempada mentres os magos realizan “maxia de preto” entre prato e prato polas mesas, para culminar cun espectáculo final ao remate da cea. Participan 17 establecementos hostaleiros -como restaurantes, hoteis e casas de turismo rural- e os magos Rafa, Teto, Kiko, e Pi.

Os prezos dos menús máxicos, que inclúen as ceas e os espectáculos de maxia, oscilan entre os 25 e os 30 euros. As persoas interesadas poden consultar previamente co establecemento as posibles opcións para menú infantil, vegano, vexetariano e outras alternativas. Os lugares, datas e menús de cada proposta poden consultarse na páxina web do Mes da Maxia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com