O MIHL acollerá un concerto de TRASPIELAS polo Día Internacional dos Museos

A Asociación Cultural Tele-Clube de Lugo coa colaboración do Concello de Lugo organiza un concerto do grupo TRASPIELAS con motivo do Día Internacional dos Museos. A actuación celebrarase o luns 18 de maio, ás 18.00 horas, na Caixa Negra do Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), con entrada libre.

TRASPIELAS é un proxecto impulsado pola compositora e guitarrista Su Garrido Pombo xunto a Macarena Montesinos, Iago Ramilo, Marco Maril e Fran Rodríguez Casal. A proposta combina música, electrónica, poesía e creación audiovisual arredor da memoria colectiva da aldea de Traspielas, en Fornelos de Montes.

O espectáculo revisita pezas tradicionais galegas como xotas, muiñeiras, romances e cantos de berce desde unha perspectiva contemporánea, incorporando arranxos actuais e proxeccións audiovisuais elaboradas a partir de materiais de arquivo e da memoria local.

O Día Internacional dos Museos celébrase cada ano desde 1977 co obxectivo de reivindicar os museos como espazos de intercambio cultural e enriquecemento social. Esta será a terceira ocasión na que a Asociación Cultural Tele-Clube colabora co Concello de Lugo na programación desta conmemoración.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com