O Páramo supera xa as 3100 sinaturas contra as corridas de touros que quere propor o concello da localidade

A campaña de sinaturas iniciada por un veciño de O Paramo a pasada semana en contra das corridas de touros, superou xa as 3100 sinaturas evidenciando que os cidadáns rechazan a chegada deste tipo de actuacións a este pequeno municipio sarriá, nun intento do goberno local de recoller apoios e subvencións para unha actividade que os veciños afirman non querer.

A plataforma Galicia, Mellor sen Touradas, pola súa parte remitiu unha misiva a Alberto Núñez Feijoo, como presidente do PPdeG e a Miguel Tellado, secretario xeral da formación, reclamando que tomen medidas para impedir a corrida na localidade sinalando que enturbia o traballo do partido na futura Lei do Benestar Animal.

Neste senso, os abolicionistas instan ao goberno municipal a non prestar soporte algún a esta actividade que consideran de maltrato hacia os animais e poñen sobre a mesa un debate que se eleva na localidade, de que algúns edís do grupo do goberno enteráronse desta idea a través dos medios de comunicación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com