" />

O paro continúa á baixa na provincia durante o mes de abril

O número de parados continúa a súa tendencia á baixa durante o mes de abril na provincia de Lugo. Segundo os últimos datos do Ministerio de Emprego, o paro baixou na provincia de Lugo en 239 persoas situándose en 17.801 o número de persoas dessempregadas, máis de 2.700 persoas menos que no mesmo período do pasado ano.

En canto a sectores, os que amosaron un maior descenso de parados son o sector Servizos con 80 persoas menos engrosando as listaxes, a Construcción con 66 desempregados menos e a Industria cunha rebaixa de 64 persoas. Asemade, o sector da agricultura tamén desendeu o número de parados en 34 persoas. En canto ao sector denominado Sen Emprego Anterior, a listaxe de desempregados continúa a ampliarse con 5 persoas máis.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo