" />

O Partido Popular presenta a súa lista para as eleccións municipais

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Lugo, Jaime Castiñeira, presentou hoxe en rolda de prensa  segundo as súas palabras “o equipo máis capacitado para lograr o Lugo mellor que merecemos os lucenses”.

Durante un acto celebrado no Paseo do Miño, o candidato popular subliñou que “ofrecémoslles aos lucenses un grupo de persoas comprometidas con Lugo e que se integran nesta candidatura porque cren que un Lugo mellor é posible e están dispostos a traballar por el”. Na candidatura incorpóranse entre outras: Ana María López Pombo, Presidenta do colexio de veterinarios, a médica Carmen Penelas e a Presidenta de Novas Xeracións Lugo Yaiza Neira Mato.

Jaime Castiñeira explicou que “se dez dos doce concelleiros repetimos entre os primeiros postos da lista é porque sei que os lucenses valoran moi positivamente o traballo que o equipo do Grupo Municipal do Partido Popular realizou ao longo deste mandato que está a piques de rematar”. Nesa liña, o popular eloxiou “a capacidade de esforzo e a dedicación” que amosaron os edís populares, “e tamén a xenerosidade cos intereses dos lucenses”, en referencia a decisións como o apoio ao Plan de Investimentos de López Orozco

Paralelamente, Jaime Castiñeira tamén agradeceu “a decisión valente, e máis nestes tempos tan controvertidos para os políticos” de quen aceptaron a súa proposta de incorporarse á candidatura do Partido Popular no Concello de Lugo.

Por último, o candidato popular subliñou que “levamos tempo anunciando as nosas propostas e hoxe presentamos ao equipo que as poderá levar a cabo”, o que contrapuxo coa candidatura socialista, “que se quedaron ancorados no debate dos nomes pero de ideas de futuro, a 34 días das eleccións, non se lles coñece nada”.

1.  Jaime Castiñeira Broz. Enxeñeiro de Edificación e Arquitecto Técnico do Ministerio de Hacienda. Voceiro do GMPP dende 2010 e candidato á alcaldía por segunda vez.

2.  Ana María López Pombo. Licenciada en Veterinaria. Presidenta do Colexio de Veterinarios de Lugo e consejera da Xunta Executiva do Consejo General de Veterinarios de España

3.  María Encarnación Amigo Díaz. Facultativo Especialista de Área en Reumatoloxía no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) e asesora da Liga Reumatolóxica Galega

4.  Antonio Ameijide Osorio. Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas, especialidade en Transporte e Servizos Urbanos e voceiro adxunto do GMPP.

5.  Carmen  Penelas Celeiro. Doutora no Centro de Saúde Illas Canarias

6.  Isabel Devesa Piñeiro. Arquitecto e arquitecto técnico

7.  Enrique Rozas López. Funcionario do Estado

8.  Manuel López Fernández. Enxeñeiro Técnico Agrícola

9.  María de los Ángeles Teijeiro González. Diplomada en Traballo Social

10. Ángel Trabada Gómez. Funcionario da Deputación Provincial. Presidente da Asociación Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo

11.  Raquel Castiñeira Castelo. Licenciada en Dereito

12.  Juan Carlos Plaza Gómez. Licenciado en Ciencias Económicas e funcionario da Xunta de Galicia con destino en Educación

13.   Yaiza Neira Mato. Estudante de Administración e Dirección de Empresas e Turismo. Presidenta de Novas Xeracións Lugo

14.   Florencio Pico Sánchez. Prexubilado de banca

15.  Mercedes Cendán Cendán. Empresaria e asesora de empresas

16.  Francisco Prieto Vián. Empresario

17.  Manuela Ferreiro Rubinos. Auxiliar de enfermería

18.  Francisco Ares Gómez. Empresario

19. Alejandro Pena López-Boado. Diplomado en Administración e Dirección de Empresas e emprendedor.

20. Mar Carballas Piñeiro. Licenciada en Socioloxía e Master en Dirección e Xestión de Recursos Humanos

21. Manuel Rodríguez Arias. Carteiro da zona rural

22. Vanesa Cascudo Abuín. Ciclo Superior FP de Administración e Finanzas e traballadora no negocio familiar Mesón Restaurante Aniceto

23. Eugenia Rita Vizcaíno Gómez. Licenciada en Dereito

24. Juan Manuel Castro Pena. Presidente da Asociación de Veciños As Campas de Galegos

25. Arcadio Silvosa Alonso. Xornalista

 

SUPLENTES

1. María Lourdes Yáñez García. Mestra de Educación Infantil

2. Carlos Vázquez Pena. Licenciado en Dereito e presidente da Asociación de Veciños de Conturiz

3. Constantino Maside Rodríguez. Ciclos de FP de Chapa e Pintura; e de Mecánica e Electrónica

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo