" />

O persoal eventual de Carrefour Lugo comeza a percibir os salarios que a empresa lles subtraera ilegalmente

Os traballadores e as traballadoras eventuais de Carrefour Lugo xa comezaron a cobrar os salarios que a empresa lle subtraera de maneira ilegal, ao pagarlle menos horas das realmente traballadas. Corrixir este roubo foi posíbel grazas ás accións e as denuncias da sección sindical da CIG, que anima a todo o persoal que se atope nesta situación a reclamarlle a Carrefour as cantidades deixadas de percibir polo traballo realizado.

Até o momento, xa se conseguiron recuperar máis de 4.500 euros que son do persoal, pero esta cantidade só representa o 30% do total de afectadas e afectados. Aínda falta que se revise o 70% das nóminas do persoal eventual que prestou servizos ao longo de 2021 nesta gran superficie.

A pesar das múltiples advertencias da CIG indicándolle a Carrefour que estaba pagando moito menos do que correspondía segundo as horas traballadas, non foi até o pasado mes de setembro, e tras a sección sindical advertirlle que presentaría denuncia na Inspección de Traballo, cando a dirección se abriu a recoñecer que levaban dende xaneiro abonando salarios de menos e polo tanto cotizado tamén de menos á Seguridade Social.

Este “descoido” constitúe un gran negocio para a empresa, pois é unha práctica estendida a todos os centros de traballo de Carrefour.

Diante disto, os delegados e as delegadas da CIG en Carrefour animan a todos os traballadores e as traballadoras temporais a que esixan o que por dereito lle corresponde e ponse a súa disposición para revisarlle as nóminas e facer a reclamación salarial.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Olga Murado
    Olga Murado
    Feb 09, 2022 - 08:48 PM

    Que genios!!!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo