O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo recentemente un encontro co piloto do Team Monforte Rally Eduardo Iglesias, a quen felicitou pola súa participación no Rally Dakar 2022, que logrou rematar por terceiro ano consecutivo, logrando nesta ocasión situarse na 78ª posición.
No encontro, o vicepresidente segundo trasladoulle ao deportista monfortino o apoio da Xunta para seguir levando en próximas competicións o nome de Galicia Calidade e do Xacobeo a nivel internacional, contribuíndo así á proxección exterior da Comunidade.

19,30 h.- O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, manterá un encontro co piloto Eduardo Iglesias. Na sala de xuntas da Vicepresidencia segunda (edificio administrativo número 5 de San Caetano, 4º andar).
foto xoán crespo


