O Pleno aproba a moción para evitar que o Goberno do Estado introduza peaxes nas autovías

O Grupo Provincial do PP presentou no pleno de hoxe unha moción para instar ao Goberno do Estado a que desista da súa intención de introducir peaxes nas autovías e que saiu adiante grazas á abstención do PSOE e ao voto a favor do BNG. Os populares queren que se leve a cabo un debate máis profundo no que participen todos os actores implicados (administración estatal, administracións autonómicas, grupos políticos, representantes das concesionarias e construtoras, representantes dos diferentes grupos de usuarios, expertos…), sobre o sistema de financiamento da conservación e mantemento da rede de estradas que non sexa prexudicial para os usuarios.

O deputado Carlos Armesto lamentou que o Goberno do Estado se caracterice pola improvisación e falta de planificación e indicou que “non podemos cargar máis sobre os autónomos e comerciantes, polo que non podemos tolerar que as autovías se graven”.

“Cando un ministro de Fomento fai unha proposta en sede parlamentaria habería que darlle validez porque di a intención que ten. Se logo o secretario de Estado fai a mesma proposta desde o PP consideramos necesario darlle unha resposta a unha proposta feita por un Goberno, un secretario de estado e un ministro. Autovías con peaxe non, queremos rematalas, pero non gravalas. A de Lugo a Ourense, Lugo-Santiago, a da Mariña e a de Ponferrada- Monforte- Ourense, que 20 anos despois rematen as nosas autovías con prazos e investimentos concretos, pero non gravar as autovías”, replicou Armesto.

“Nin o señor Aznar nin Rajoy propuxeron poñer peaxes nas autovías, é o PSOE o que o propuxo. En Lugo só hai fochancas na rede de estradas provinciais que ningunearon durante moitos anos e tivo que ser unha proposta do PP dotada con 15 millóns de euros a que cambiara isto. O único que trouxo aquí fochancas foi un Goberno como o seu”, lamentou o popular.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo