O pleno aproba os Orzamentos da Deputación para 2019

Pleno extraordinario hoxe na Deputación de Lugo, no que o PP facilitou, coa súa abstención, a aprobación dos orzamentos. Uns presupostos aos que presentaron numerosas alegacións que proviñan da Asociación Animalista Libera, o deputado non adscrito, Manuel Martínez, e un particular como cidadán da provincia.

O certo é que o goberno desestimou, dende un principio, todas estas reclamacións e tanto PP como BNG deron o visto e prace absténdose na votación de todas elas. No tocante aos orzamentos, que xa se debatiran con anterioridade, BNG e o deputado non adscrito votaron en contra dos mesmos, mentres o PP volveu dar a súa abstención.

Namentres, a voceira do PP, Elena Candia aseguraba que eles se abstiñan porque aínda que “non son os nosos orzamentos”, un acordo asinado en 2016 obrigáballes a “ser útiles para a cidadanía”, e pese a que sería un “bon oportunismo político”, non sería o correcto que os veciños se quedaran sen orzamentos.

O Presidente do Executivo, Darío Campos Conde, remarcou que “dende que cheguei a Deputación a miña prioridade sempre foi aprobar o Orzamento da Deputación para poñer a disposición de todos os veciños o que lles corresponde: os seus fondos públicos nesta institución. Con talante e moita paciencia, dialogando con todos os grupos da oposición, fíxeno ano tras ano. Isto supuxo que nas tres pasadas anualidades, -cos presupostos 2016, 2017 e 2018-, dende
este Goberno Provincial achegamos aos máis de 330.000 veciños dos 67 Concellos máis de 230 millóns de investimentos. O Presuposto de 2019 inclúe preto doutros 50 millóns de investimentos para toda a provincia, que son iniciais, pois irémolos incrementando coa incorporación de remanentes”.

“Creo que poucos gobernos en minoría poden dicir que foron capaces de aprobar os presupostos de todo o mandato e rematar cada anualidade cun nivel de gasto medio superior ao 80%. ”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com