BNG-AA pleno marzo camisetas non maltrato animal

O Pleno aproba por unanimidade a proposta do BNG para peonalizar o recinto interior da muralla e o tramo da Mosqueira

O Pleno municipal aprobou hoxe por unanimidade a proposta do BNG- AA de peonalizar o recinto interior da muralla e o tramo da Rolda, na zona da Mosqueira.

O voceiro nacionalista Rubén Arroxo explicou que a peonalización farase “respectando o acceso a garaxes, parkings, vehículos de transporte público e servizos de carga e descarga; buscando outro modelo de circulación no interior do recinto amurallado dando prioridade ás persoas sobre os vehículos en todas as vías” .

Rubén Arroxo apostou por converter as rúas Montevideo, Bolaño Rivadeneira, Quiroga Ballesteros e Amor Meilán en vías de plataforma única ao igual que se faría nas prazas do Ferrol e Santo Domingo. “Nas vías de plataforma única é o vehículo quen invade o espazo das persoas e isto xa é un factor que inflúe psicoloxicamente sobre quen conduce para tomar unha posición de respecto ás persoas”.

Arroxo dixo que “o recinto interior da Muralla é a zona monumental máis importante da cidade de Lugo e a día de hoxe conta con valiosos elementos distinguidos como Patrimonio da Humanidade” e por iso para el e o seu grupo, “é unha responsabilidade da corporación local e das institucións traballar para que a cidade e o seu casco histórico, ademáis de ser un atractivo turístico, continúe sendo un espazo habitado no que lucenses e visitantes conflúan”.

Noutro orden, o pleno aprobou tamén por unanimidade a iniciativa do BNG-AA para crear unha ordenanza que regule os espectáculos con animais. Arroxo lembrou que en setembro non se puido  evitar a presenza dun circo con animais “por estar amparado por unha lei da Xunta e carecer o concello de normativa propia”, no Salón de Plenos do Concello se presentaron tamén durante o debate desta iniciativa, varias persoas con cartaces en contra dos circos con animais. 

Os membros do BNG-AA puxéronse durante esta proposta camisetas en contra do maltrato animal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com