O Pleno di non á ampliación de axudas a sectores afectados polas medidas anticovid

Xornada de Pleno no Concello de Lugo e xornada na que os grupos da corporación non chegaron a moitos acordos. Entre os temas debatidos, atopábase, como xa é habitual a aprobación de recoñecementos extraxudiais de crédito para facer fronte a distintas facturas que o Concello ten pendentes de pago. Un debate moi semellante aos que xa se levan repetido e numerosos plenos nos últimos anos e que acadou o apoio tan só dos dous grupos de goberno.

Doutra banda, PP e Cidadáns presentaron sendas proposicións para instar ao goberno local a adoptar certas medidas económicas en defensa dos autónomos e das pemes, no caso da formación laranxa, máis centrada no sector hostaleiro. Polo fin común, a corporación acordou debatilas conxuntamente e votalas por separado. Antonio Ameijide foi, nesta ocasión, quen deu voz á proposta do Partido Popular pedindo que a “administración máis cercana ao cidadán” poña a disposición dos autónomos e empresas vinculadas á hostalería, distribuidores, comercio local e outras actividades os instrumentos necesarios para colaborar con aqueles que acrediten perdas como consecuencia da pandemia 

Pola súa banda, Olga Louzao, destacaba que o concello de Lugo será dos únicos municipios que desoen aos hostaleiros, sendo dos poucos que contan con superávit e que recibiu no pleno pasado o apoio de todos os concelleiros para investir 12 millóns de euros na implantación de novas empresas na cidade. 

Ampliación horarios Casa da Muller

Outro dos temas que se debatiron neste pleno, tamén presentados polo Partido Popular e que foron rexeitados polos dous partidos no goberno, foron a instalación de cámaras de vixilancia na cidade de Lugo, un asunto que leva xa varios anos indo de cada pouco ás sesións plenarias e sempre con resultados negativos e, a mellora á atención que se presta na casa da muller ás vítimas de violencia de xénero. Neste último, o PP defendeu, na voz de Macamen López, que o Concello podería ampliar os horarios da casa da Muller ou incluírse no protocolo da VioGen impulsado polo Goberno Central.

A este respecto, a edil de Igualdade, Ana Abelleira, lembrou que todas as administracións están implicadas na atención ás vítimas de violencia de xénero. Asemade, recoñeceu que aínda que os servizos poden ser mellorables, hai que focalizar a culpabilidade en quen a ten, que son os agresores. Doutra banda, Abelleira asegurou que non podían apoiar a proposta dos populares porque na propia moción pedían abrir a Casa da Muller de luns a sábados pola mañá, algo que describiu como inaceptable. Asemade asegurou a edil socialista que nos outros puntos da moción xa están traballando.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com