" />

O Pleno do Concello de Lugo acorda traballar na gratuidade do transporte público urbano para determinados sectores

Xornada de Pleno no Concello de Lugo e xornada no que non conseguiron acordo entre os partidos para a gran maioría das mocións presentadas. Unha das que conseguiu a unanimidade foi a proposición presentada polo Partido Popular na que instaba ao Goberno local a establecer a gratuidade do transporte urbano da cidade para certos sectores de idade.

No seu debate felicitouse, tanto por parte do PP como de Cidadáns, a actuación do Goberno local en relación co transporte urbano, ao abrir as Mesas de Transporte a todos os grupos e escoitar e valorar as súas opinións. Pero, tamén ambos grupos, lembráronlle, en especial ao tenente de alcalde, as múltiples propostas que presentaba cando estaba na oposición para que o Goberno daquel momento apostara pola renovación do transporte urbano. Logo de dous anos no cargo, din dende a oposición, o tenente de alcalde nada fixo polo transporte urbano.

Todos os grupos acordaron retomar a Mesa de Transporte para chegar a acordo sobre os prezos a establecer, que, segundo o tenente de alcalde, titular da área, debería basearse máis nas rentas dos usuarios que na súa idade. Neste senso, o BNG propuxo unha emenda in voce a esta moción que foi aceptada polos populares.

Por último, neste debate o voceiro popular agradeceu ao BNG que deixe colaborar á oposición pero pediulle que “non se deixen levar pola política caciquil dos seus socios de goberno, déixense de fotos e traballen”. Ameijide pediu aos membros do goberno que traballen por Lugo.

Asemade, a outra moción presentada polos populares tamén foi aprobada por unanimidade. Trátase da adhesión do Concello de Lugo á Rede de Cidades amigables coas persoas maiores. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo