" />

O Pleno Municipal continuou logo do plante da oposición

Logo do parón solicitado pola oposición por mor dunha nota colgada na web do concello onde se culpabilizaba á oposición de enviar aos traballadores da Ora ao paro, o Pleno reanudouse despois de que a alcaldesa, Lara Méndez, pedira desculpas polo erro cometido, que segundo comentou, descoñecía. Jaime Castiñeira explicou que “o seu grupo se viu obrigado a abandonar o Pleno Municipal tras ter coñecemento de que na plataforma dixital do Concello se publicaba unha nota na que se valoraba o debate do futuro da ORA “ofrecendo a visión do PSOE sobre o asunto, entrando en valoracións que eran absolutamente falsas e que estaban fóra de lugar”.

Pola súa banda o voceiro do BNG, Rubén Arroxo, declarou “paralizouse o pleno tras aparecer na web institucional do concello de Lugo unha nova de “contido absolutamente partidario”.

O Partido Popular aproveitando o debate aberto sobre a transparencia no portal municipal solicitou que “se retiren outras novas, con mensaxes claramente partidistas, insertados nas últimas semanas”.  Nese senso lembraron que hai dous acordos plenarios impulsados polo PP dos anos 2004 e 2014 no que xa se advertía a necesidade de redactar unhas normas consensuadas, por todos os grupos políticos representados na corporación, a modo de código ético de uso desta plataforma  institucional. “Deste xeito garantiríamos que un medio de comunicación institucional non se convertise nun instrumento en beneficio dun partido político”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo