" />

O PP abandona o Pleno da Deputación ante a negativa do PSOE de retirar a moción de reprobar as declaracións de Ramón Carballo

O grupo provincial popular decidiu esta maña abandonar momentáneamente o Pleno da Deputación tras a negativa do PSOE de retirar a súa moción de reprobar as declaracións que o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, fixo ante a agresión sexual sufrida por unha muller hai uns días na cidade de Lugo.

Na sua intervención, o voceiro do PP , Carlos Armesto, destacou que estas declaracions foron un erro polo que o subdelegado xa pediu desculpas, pois Carballo enviou un comunicado esta mañá aclarando o que pretendía decir coas súas afirmacións: “En primeiro lugar, se algunha muller, e especialmente a vítima desa agresión sexual, se sentiu ofendida polas miñas palabras, pídolles desculpas. Dito isto, aclarar que en ningún momento quixen quitar importancia á citada agresión sexual. O que quixen explicar (ante a pregunta da prensa en relación a ese feito) é que non se tratou dunha agresión sexual con violación; algo que non quedou ben expresado nas miñas palabras”.

Os populares reproduciron unha declaracións da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, non ante unha agresión sexual como foi no paseo do Miño, senón ante unha violación consumada que se produciu en Lugo sobre o que dixo que “era un feito puntual”.

O deputado preguntoulle ao PSOE se tamén van traer aquí a reprobación da señora Méndez cuxas declaracións “si que son bastante máis graves que as do señor Carballo. Ou as da deputada Sonsoles que chamou a todos os compañeiros do PP maltratadores”.

“Non se pode utilizar unha institución pensado só no ego dun partido e no ego persoal, nunca vin caer tan baixo en política. Os políticos temos que poñernos serios e estar á altura das circunstancias”, concluíu o deputado.

Despois do debate, tanto PSOE como BNG votaron a favor desta moción que pedía que se inste ao Goberno central a que aplique as medidas necesarias para que todos os órganos e representantes dependentes do mesmo adopten un papel en defensa das vítimas e non, afirmou o deputado, “en desculpa dos agresores”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo