O PP abandona o Pleno polo rexeitamento de PSOE e BNG á reprobación de Tomé

O Partido Popular vén de abandonar o Pleno Provincial tras o rexeitamento dos partidos no Goberno, PSOE e BNG, á moción que pedía a reprobación de José Tomé polas declaracións feitas sobre a vestimenta de Elena Candia.

A deputada popular, Lola Castro,  foi quen puxo voz a esta petición entre a que incluían tamén un chamamento ao BNG para que retire o seu apoio no Goberno ao Presidente provincial. A popular pedía a Tomé que rectificara as súas palabras nas que, segundo os populares, “xulgaba” a Elena Candia pola súa forma de vestir. “Foron unhas palabras absolutamente desafortunadas e as desculpas que ofreceu ata o momento foron unhas desculpas menores”, explicaba o voceiro do PP na provincia, Javier Castiñeira antes da entrada ao pleno.

Nese mesmo senso, Castro explicou no pleno que as desculpas de Tomé foron “só polo rebumbio que se montou, non porque realmente as sentira”.

Para os voceiros do Goberno provincial, o rebumbio polas verbas de Tomé está descontextualizado e é unha manipulación. Tanto socialistas como nacionalistas amosáronse en contra dos comentarios machistas pero acusaron aos populares de “hipócritas” ao utilizar o machismo e ás mulleres “de xeito partidista”. De ahí a súa negativa á moción popular. 

Pola súa banda, o presidente, José Tomé, asegurou que el xa pediu desculpas e que se trataba dunha ironía, non unha crítica machista. Para Tomé, os populares utilizan un doble raseiro no que non prima o respeto.

Novas relacionadas

  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Abr 27, 2021 - 11:17 PM

    Hay que comportarse coma personas, e pensar o que se representa. E deixarse de tanto pistureo, e imitacións que nos vos levan a ningún sitio. Eso sí dar que falar

    Reply
  2. Luis Díaz
    Abr 27, 2021 - 04:05 PM

    Que pesadiños están xa co tema.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com