O PP acusa á alcaldesa de atrasar a visita ao Auditorio de Magoi “para gañar tempo”

Os concelleiros do Grupo Popular de Lugo recriminaron hoxe que “a alcaldesa atrasa a visita que solicitamos ao Auditorio de Magoi co único obxectivo de gañar tempo” matizando que “Lara Méndez aínda non empezou coas prometidas obras de reparación e xa vai con atraso”.

Dende o PP tamén amosan o seu malestar “non só porque aprazan, outra vez máis, a visita ao interior do inmoble senón porque, por riba, limitan o número de persoas da visita”. “Parece absurdo que nunha instalación preparada para que entren miles de lucenses só permitan que vaiamos dous concelleiros, aí é onde se destapa o ramalazo dictatorial da alcaldesa do que é cómplice o seu socio de goberno o BNG” matizaba o voceiro popular.

Os populares pediron en varias ocasións acceder a esta dotación cultural pechada e sen uso (novembro, decembro e xaneiro). As contestacións que recibimos foron o pasado mes de novembro na que indicaban que “os funcionarios encargados de tales tarefas tiñan a súa axenda comprometida” e á última petición manifestaron que non podían ir por “imposibilidade de técnico competente”.

O PP asegura que “no culebrón do auditorio de Magoi a única realidade que ven todos os veciños e veciñas de Lugo é a incompetencia de Lara Méndez que incumpre a palabra dada de que teríamos un novo auditorio tralo verán e, polas trazas que levan, moito nos tememos que tampouco serán capaces de abrir as súas portas para o próximo verán”.

“Todo apunta a que PSOE e BNG están dilatando a propósito a posta en funcionamento do Auditorio de Magoi porque prefiren dedicar o diñeiro as súas corruptelas como por exemplo na contratación de agrupacións culturais afíns” reflexionaba Ramón Carballo.

Con respecto a situación do entorno desta dotación cultural piden un pronunciamento claro “se estiman que é perigoso entrar deberían reparar o peche perimetral en condicións, e sinalizar a prohibición de acceder; en caso contrario solicitamos que abran a zona para que os veciños poidan utilizar as prazas gañando novos espazos públicos no barrio”.


Imaxe de Arquivo

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com