" />

O PP acusa a Tomé de converter as reunións do Consello Provincial de Turismo en mitins

O Consello Provincial de Turismo é, “en teoría, un órgano participativo e consultivo. Na práctica, nin participativo nin consultivo, como poñen de manifesto o deputado provincial 

(alcalde de O Vicedo) e o presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, e alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, despois de participar na máis recente reunión do Consello. Novo, en representación do PP, e Guitián como representante do Consorcio, asistiron o pasado xoves á reunión do Consello, para tratar o “denominado, polo goberno da Deputación, Plan de Impulso da Economía da Provincia: os dous coinciden en sinalar que foi un acto de propaganda, un mitin, que supuxo un verdadeiro ninguneo para os representantes do sector do turismo na provincia”.

O deputado Jesús Novo sinala: “A recente reunión do Consello Provincial de Turismo demostrou unha vez máis que o actual formato non é o axeitado e cremos que precisa un cambio. Na reunión celebrada o xoves pasado, máis que a unha reunión na que se debía de tratar de turismo, ao que realmente asistimos foi a un mitin político a cargo da deputada da área”

Tamén declara Novo: “No PP solicitamos un cambio de formato, que poidamos participar todos. É certo que se nos deixa intervir, pero xa nos traen os deberes feitos, e o único que podemos facer é dicir se estamos ou non de acordo; as nosas opinións e propostas de pouco valen neste caso”.

Pola súa banda, o alcalde de Sober e presidente do Consorcio da Ribeira Sacra, Luís Fernández Guitián, sinala: “Está claro que o Consello Provincial de Turismo non pode funcionar tal e como está funcionando. Está sendo un órgano propagandístico do presidente da Deputación e do seu equipo. En realidade debía de tratarse dun ente consultivo e participativo, no que todos os membros puideran expresar as súas opinións e tiveran a oportunidade de rebater as opinións do propio grupo de goberno”.

Igualmente indica: “Tal como está funcionando non ten utilidade ningunha, como quedou claramente reflectido na última reunión. O presidente fixo unha exposición sen comunicar previamente a ninguén a documentación do que ía na orde do día. Está claro que os obxectivos dese órgano son outros e se segue funcionando tal como está o mellor é que se disolva porque non ten ningunha operatividade”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo