" />

O PP acusa ao goberno local de politizar as contratacións do San Froilán

Segue a polémica na contorna deste San Froilán atípico e pasado por auga que anuncian as previsións meteorolóxicas. O Partido Popular facía chegar aos medios de comunicación unhas declaracións da concelleira Vázquez quen afirma que se “suceden os capítulos de desencontros e de declaracións cruzadas entre PSOE e BNG a conta das Festas do San Froilán. Mentres a alcaldesa di que é importante manter o espírito das patronais o BNG renuncia aos fogos artificiais e tamén ao alumeado para evitar a súa interpretación, por parte da poboación, como un sinal de ambiente lúdico e festivo tal e como se recolle no decreto asinado pola edil de cultura”.

Para o Partido Popular resulta “sorprendente” que os nacionalistas, “utilicen un criterio diferente á hora de contratar as actuacións dos festexos “renuncian ás charangas, sen dar ningunha explicación técnica, pero sen embargo non se privan de contratar gaiteiros, pandereteiras … etc para participar na que eles estan a denominar Feira Cultural do San Froilán”.

Vázquez di que a responsable do BNG “volve a eludir a responsabilidade de manter a importancia e a pluralidade das festas patronais desta cidade xa que é clarísima á degradación ás que as somete ano tras ano: este ano nin festas, nin é de recibo denominar feira cultural ao que está a contratar”.

A popular concluía que “estamos de novo diante dunha clara politización das patronais escollendo a dedo, o BNG e asesores, aos grupos sen dar participación a outros”

Os populares tamén lamentaron que por falta de xestión “nin tan sequera son capaces de promocionar o pouco que contrataron para estas patronais en alusión a que a dous días do comezo das festas nin tan sequera está dispoñible o programa de man e a cartelería vén de chegar”.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Luis Díaz
    Out 03, 2020 - 04:56 PM

    ¡¡Deus meu!! qué cansinos resultan estos do PP con todo.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo