" />

O PP advirte que Lugo podería perder unha subvención estatal para o transporte público

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, alerta de que o goberno local podería perder unha subvención que outorga o Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana para sufragar o custe que supón o transporte urbano.

Antonio Ameijide sinala que o Ministerio de Transporte xa abriu o prazo para que os concellos poidan solicitar  subvencións para a prestación do servizo de transporte público colectivo, que neste ano 2021 conta cun orzamento superior a 51 millóns de euros. No caso do Concello de Lugo, o goberno local adoita percibir uns 150.000€ por ano, en concepto de subvención do transporte urbano.

Para optar a estas axudas, as entidades locais deberán dispoñer dun plan de mobilidade sostible para acceder a estas axudas e, no caso de Lugo, o goberno local podería perder esta subvención porque as novas liñas do transporte urbano non cumpren co establecido neste plan.

De confirmarse este extremo, advirte Ameijide que o goberno local podería incorrer nunha nova “irresponsabilidade” xa que o prego de condicións establece que a novas liñas de transporte urbano deberían ir da man do plan de mobilidade.

Neste senso, o vicevoceiro popular recorda que en xuño de 2014 aprobouse o plan de mobilidade municipal en xunta de goberno, que previamente presentaran a toda a cidadanía en novembro de 2009.

“Semella que nin a Méndez nin a Arroxo lles gusta o pasado das súas formacións xa que non lles tremeu o pulso para romper ese consenso e renunciar a un plan estudiado para o transporte e para acadar unha mobilidade global en Lugo, mesmo expoñéndose a perder subvencións”, sinalou.

Outro dos aspectos que quere clarexar o popular e se este plan de transporte ten algún informe de compatibilidade co plan de mobilidade e se nalgún intre tiveron en consideración o documento guía para a mobilidade en Lugo, xa que as novas liñas do bus urbano non se parecen en nada ás do documento aprobado en 2014 en xunta de goberno local o que pode provocar que non se poida optar ás subvencións do Ministerio, o que pode encarecer o coste do transporte en Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo