" />

O PP afirma que os pagos con reparos de legalidade superan os 20M€

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, denuncia que Lara Méndez segue sen reaccionar e mantén ao Concello de Lugo nunha situación irregular ao perpetuar os pagos fóra da legalidade de anos anteriores, xa que no que no que vai de ano desbloquearon o pago de 20.300.302,61€ con reparos de legalidade.

Ramón Carballo lamenta esta situación e pon como exemplo desta negativa dinámica os pagos realizados en anos anteriores xa que por exemplo computando outros anos completos vemos como nun ano se pagou menos que no que levamos deste. Así, en 2017 os pagos con reparos de legalidade ascenderon a 20.562.861,19€ ou o ano 2018, no que a rexedora desbloqueou pagos fóra da legalidade por valor de 15.556.939,73€.

Para o voceiro popular é urxente modificar a política económica que “Lara Méndez instalou no Concello de Lugo, co beneplácito de Rubén Arroxo, xa que semella que apostan por manter numerosos servizos municipais sen contrato ou co contrato caducado, o que leva camiño de marcar un novo récord histórico, no eido negativo para o Concello de Lugo, xa que de seguir nesta dinámica pode pecharse o ano superando os 30M€ con reparos de legalidade”. E engadiu “De confirmarse este vaticinio, máis do 33% do orzamento municipal se destinará a pagos ao marxe da lei”, afirmou.

Unha situación ante a que Ramón Carballo esixe “unha reacción inmediata no bigoberno xa que é preciso devolver a unha situación de legalidade todos os servizos que se atopan ao marxe da lei”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo