" />

O PP alerta de que a vella depuradora está totalmente abandonada

O Partido Popular alerta que na antiga planta depuradora de augas residuais de Nadela onde “apareceu forzada e aberta, de par en par, a porta do peche perimetral, hai libre acceso a saqueadores ou persoas que fan dentro reunións clandestinas”.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide xunto ao concelleiro Rafael Prados comprobaron “o mal estado no que están estes edificios aos que se pode entrar sen ningún tipo de control” advertindo “do grave risco que supón poder acceder ás instalacións onde hai, pozas e balsas de varios metros de profundidade e edificios moi deteriorados”. Ameijide explicou que “hai nove anos, cando se inaugurou a nova EDAR, quedou a vella en óptimas condicións e en perfecto funcionamento, pero a medida que pasou o tempo, e non se  lle deu un uso degradáronse por completo: desapareceu do seu interior o material de pezas de repostos, roubaron cobre, motores, fiestras e portas, un material valorado en centos de euros e tamén hai pintadas por todos os sitios …”

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Luis Díaz
    Xuñ 01, 2020 - 08:41 PM

    A alerta hai que facela antes na Policía Local, se non fan caso, é cando se pon en coñecemento da prensa, non o revés.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo