" />

O PP asegura que o Valedor do Pobo da un novo tirón de orellas á xestión local

O voceiro do PP no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denuncia que o Valedor do Pobo tivo que dar “un novo tirón de orellas” ao goberno socialista e á súa xestión municipal. Antonio Ameijide afirma que “a pasividade e a desidia” coa que os socialistas atenden aos requirimentos do Valedor do Pobo pon de manifesto o trato que tamén “lles dispensan” a todos os lucenses xa que se “nin sequera atenden os recordatorios de deberes legais pedindo respeto á legalidade” que efectúa o propio Valedor do Pobo “como van atender as peticións de cidadáns anónimos”.

O voceiro popular desvela que no último informe emitido polo Valedor do Pobo se realizan ao Concello de Lugo “numerosas advertencias enérxicas” esixindo, sobre todo, en tres casos concretos, “nos que tiveron que requirir en máis de dúas ocasións ao Concello resposta”.

O popular destaca que os socialistas incumpren “o deber de colaboración” que o Valedor do Pobo denuncia lamentando que o Concello de Lugo non realice “o deber específico de que as administracións afectadas informen no prazo no que lles require o alto comisionado parlamentario” engadindo que en tres queixas houbo que reiterar, “en máis de dúas ocasións”, a petición de informe ao Concello de Lugo.

Unha situación que se repite ano tras ano no Concello de Lugo, xa que no derradeiro informe os socialistas comprobaron como o Valedor do Pobo admitiu a trámite nove queixas de lucenses porque se “vulneraban” os seus dereitos por parte do goberno local.

Entre as queixas que aparecen no informe destacan dúas. Por unha banda, o cumprimento dos horarios do establecementos de hostalería e, por outra, o “nulo” control do Concello no cobro de recibos. Ameijide explica que foi o Valedor do Pobo o que tivo que recordarlle ao Concello de Lugo a súa “competencia” para controlar os horarios de peche dos establecementos de hostalería. O popular afirma que os socialistas, unha vez máis, “botaban as culpas á Xunta, da que dicían que tiña a competencia sobre o control horario. Ante esta situación o Valedor do Pobo entrou no fondo do asunto e comproba que o control horario corresponde ao Concello de Lugo.

Outra queixa chamativa é sobre o descontrol no Concello de Lugo sobre o cobro de recibos. Un reclamante acudiu ao Valedor do Pobo xa que o Concello de Lugo ditou unha providencia de apremio por un recibo polo imposto de vehículos de tracción mecánica de 2017 polo que procederon a embargar a súa conta cando o vehículo figuraba de alta noutro Concello.

Tamén se podería destacar, segundo informa o PP, a solicitude dun dependente, cunha axuda a domicilio concedida no ano 2011, que non chegou a recibir a prestación xa que o Concello di que as coidadoras “están desbordadas” e non hai horas dispoñibles, polo que lle ofrecen teleasistencia, o que, segundo o Valedor do Pobo, “non resposta ás necesidades” do dependente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo