" />

O PP busca un acordo da Corporación Provincial para que o Goberno non bote man do “revanchismo político” contra os funcionarios

A voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, explicou esta mañá que buscará o acordo de todos, sindicatos e grupos políticos na Deputación de Lugo, para tratar de alcanzar un acordo de toda a Corporación para que o Goberno do PSOE non bote man do “revanchismo político” contra os funcionarios.

Os populares toman esta decisión despois do intento do equipo de Goberno da Deputación de Lugo, en mans do PSOE, de eliminar “pola porta de atrás” a praza dunha funcionaria que transitoriamente desenvolve a súa labor na delegación lucense da Xunta de Galicia.

Así, os populares trasladan a súa intención de pedir un pleno extraordinario no que se acorde que o funcionario ou funcionaria designado teña “todas as garantías” de que a súa praza non será amortizada “pola porta de atrás”. A maiores, o funcionario e funcionaria á súa volta terá dereito a ocupar a praza do mesmo nivel que o que tiña a praza para a que foi nomeado, sempre e cando a desempeñase un mínimo de dous anos.

Trátase, segundo explican desde o PP, de protexer aos empregados públicos e, sobre todo, de mantelos á marxe dos debates políticos. “Os socialistas non poden usar a súa posición de Goberno para facer vendetas contra os traballadores, polo que é preciso protexelos dos políticos que botan man destas prácticas “pola porta de atrás”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo