O PP conmemora o Día do Libro creando no Auditorio de Magoi unha ‘biblioparada’

Coincidindo co día do libro os concelleiros do Grupo Popular colocaron nun treito da rede perimetral do auditorio de Magoi varias decenas de libros simulando unha biblioparada. Ramón Carballo convidaba a todos os cidadáns a  participar nesta acción “incluídos a alcaldesa e o vicealcalde” matizando que “se trata dun punto de intercambio de libros co obxecto de fomentar á lectura mentres agardamos a que PSOE e BNG abran esta instalación”.

Os populares fixeron esta acción na rúa na xornada na que se cumpren 304 días dende que o Concello de Lugo recibise de mans da Xunta de Galicia as chaves do auditorio, unha infraestructura na que se investiron máis de 20 millóns de euros.

O voceiro popular tamén aproveitou esta acción para tender a man á alcaldesa xa que “se quere abrir o auditorio logo  o verán, tal e como prometeu hai uns días na visita que realizou a este edificio, o lóxico é saber decidir canto antes como vai xestionar esta dotación”.

Por ese motivo, o PP bríndase para consensuar a estratexia e o modelo de xestión para conseguir unha programación estable e de nivel que fuxa da politización que caracteriza o que programa o BNG. Nese senso, o Grupo Popular pedirá unha reunión para clarificar o futuro do funcionamento deste equipamento cultural.

Esta acción no auditorio de Magoi coincide no día que se cumpren 10 meses dende a recepción do auditorio. Hai que lembrar que logo da presión exercida polo PP con dous actos reivindicativos previos a alcaldesa comprometeuse a abrir esta dotación á volta do verán.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Abr 23, 2021 - 04:25 PM

    E por qué non fan nos xulgados unha declaroparada ?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com