O PP convoca aos grupos para estudar o peche do aparcadoiro Ánxel Fole

O voceiro do Grupo Popular  invita a todos os grupos da corporación a participar nunha reunión para estudar a suspensión temporal do decreto de peche do Ánxel Fole. Ramón Carballo explicou que, logo de consultar con expertos de urbanismo, se confirma que “existen opcións legais de suspender temporalmente o peche xa que a lexislación ampara a instalación de equipamentos deste tipo con carácter anticipado á xestión do polígono”.

Carballo explica que, “nun tema de tal gravidade e que afecta ao futuro do Casco Histórico debemos traballar de forma consensuada para buscar solucións inmediatas e evitar máis prexuízos aos veciños, comercio e hostalaría local”.

Os populares teñen o convencemento de que “se hai vontade política cabe suspender a orde de peche e proceder á regularización da situación con arranxo ao criterio do interese público que, neste caso, vén dado pola necesidade de contar cunha dotación de aparcamento público imprescindible para un ámbito como o do recinto amurallado”. Carballo lembra como existen antecedentes de casos nos que o Concello actuou con edificacións no Campus Universitario que foron levantadas antes de que finalizase a adquisición dos terreos e de que se aprobasen os proxectos de urbanización; o Centro de Saúde da zona de Fontiñas, o instituto de Casás ou as propias Oficinas Municipais da Ronda da Muralla que foron cedidas polo bispado e rehabilitadas antes da ordenación e xestión da Unidade de Actuación CS 6.

De forma paralela a este encontro e para cumprir o compromiso dado ás entidades afectadas polo peche do Ánxel Fole, coas que o PP se reuniu o pasado martes, o Grupo Popular anuncia que presentará unha enmenda de adición á proposición que veñen de rexistrar. Lembrar que a iniciativa do PP ofrecía unha alternativa para crear máis de 800 prazas de aparcamento nun radio duns 500 metros do entorno do casco histórico conveniando con propietarios de parcelas sen uso.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Teresa Pacios Valin
    Set 19, 2019 - 03:08 PM

    Lo que hay que hacer es seguir la ley. Comprobar porque no tiene todo en regla. El Ayuntamiento tiene que hacer las cosas con más agilidad

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com