O PP cuestionase se o Goberno aplica a gratuidade das Escolas Infantís para segundos fillos

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciaba hai unha semana as novas ordenanzas fiscais para 2021, un documento no que, ademáis da conxelación de moitos dos impostos, a rexedora anunciaba a gratuidade das escolas infantís municipais para os segundos fillos. Unha medida que foi ben recibida pola oposición pero que hoxe, temían que o goberno local retrasase a aplicación desta gratuidade.

Así a edil popular, Cristina Abades, lanzou esta mañá unha pregunta ao executivo sobre se as familias que levan aos seus fillos ás Escolas Infantís Municipais xa se estaban benegiciando da gratuidade “que paga a Xunta” para segundos fillos e sucesivos. A popular explica que intentou averiguar esta cuestión nas diferentes comisións, tanto ao vicealcalde como á responsable de economía, “recibindo respostas ambiguas que non clarifican se se lles pasa ao cobro a tarifa”.

Para Abades, a modificación da ordenanza fiscal para aplicar este desconto, e que eleverá o goberno ao pleno de mañá, “chega tarde” e cuestiónase os motivos polos que non se fixo antes este trámite. “A gratuidade para segundos fillos e sucesivos nas garderías anunciouse o pasado mes de xaneiro; daquela, a alcaldesa aplaudiu esta acción e agora vemos que, no momento da verdade, non é capaz nin de aplicar esta medida, nin de reclamar os fondos”, criticaba a popular.

Cristina Abades lembra que esta medida proposta pola Xunta de Galicia, xa se podía leva a cabo desde o inicio deste curso. “Esperemos que non desaproveiten, ainda que sexan uns meses, esta medida tan beneficiosa para as familias”, reflexionaba a popular.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com