" />

O PP culpa á desorganización do goberno local dos retrasos nas citas para consultas urbanísticas

O Grupo Municipal do PP denuncia o nefasto servizo de atención ao cidadán por parte do departamento de urbanismo do Concello de Lugo que está tardando unha media de 15 días para responder consultas.

Os populares indican que un veciño, que non puido contactar de xeito telefónico en toda a mañá co 010 para conseguir día e hora para pedir información sobre se unha parcela era ou non edificable, viuse na obriga de persoarse ata en dúas ocasións no concello.

Finalmente, déronlle cita para dúas semanas despois algo que os populares considera “excesivo, estresante e inoperativo para os afectados que precisan facer consultas rápidas que se prolongan no tempo por falta de organización”. O popular Antonio Ameijide manifestou que “para unha administración local a xente, os seus problemas e o poder atendelos con calidade debe ser a maior prioridade polo que insta ao responsable de urbanismo a tomar cartas no asunto, tomalo en serio e atender as necesidades dos veciños de forma eficaz”.

O vicevoceiro do PP no Concello afirma que “os retrasos en consultas urbanísticas están a ser máis frecuentes do desexado e as consecuencias supoñen a paralización do sector da construción, desincentivan a economía e frean os investimentos”. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide asegura que “estes retrasos nas consultas urbanísticas paralizan o sector da construción, desincentivan a economía do municipio e frean os investimentos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo